Quantcast
Channel: PSOE Provincial de Lugo » medicina nuclear
Viewing all articles
Browse latest Browse all 8

Do lado dos veciños de Cospeito

0
0

A Sanidade é un dos piares do Benestar Social polo que tanto loitamos os socialistas. Por iso, cremos firmemente que establecer políticas que axuden tanto á súa mellora como ao seu mantemento deben de ser unha da principais prioridades dos gobernos con responsabilidades na materia.

Os lucenses somos testemuñas de como os actuais dirixentes da Xunta de Galicia nos están a saquear este dereito. Basta con lembrar as declaracións realizadas pola conselleira hai uns días no HULA, nas que confirmaba a nula vontade política para dotar ao noso Hospital de Hemodinámica as 24 horas. Pero, non conformes con iso,  recentemente volvemos a comprobar como a Sra. Mosquera tamén está a meter o bisturí nos centros de saúde.

Onte o secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, acompañado da voceira do PSOE en Cospeito –Rosa Morán– e do coordinador comarcal da Terra Chá –Eduardo Vidal-, estivo escoitando aos veciños de Muimenta.

Santín foi testemuña directa das súas queixas; queixas que, por certo, trasladará no Parlamento de Galicia, pois estes cidadáns non piden nada novo, senón que se retome o horario habitual do centro de saúde, así como que o servizo non se vexa recortado nin en canto ao tempo nin en persoal.

Os socialistas, unha vez máis e como non podía ser doutro xeito, seremos a voz destes veciños na Cámara galega, ao igual que o fomos dos de Riotorto e de Mondoñedo que reclamaban algo semellante, así como a de todos os lucenses, pedíndolle ao presidente da Xunta que cumpra a palabra dada. A provincia necesita Hemodinámica 24h, Radioterapia e Medicina Nuclear, pero tamén necesita que o servizo que prestan os centros de saúde. 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 8

Latest Images